Actualmente hai en Galicia máis de 400.000 ha de eucaliptales, sendo a especie máis estendida Eucalyptus globulus Labill. Cada ano córtanse uns 4 millóns de metros cúbicos de E. globulus en Galicia, o que representa case que o 40% do volume aproveitado de todas as especies en España e aproximadamente o 75% do volume cortado da especie a nivel nacional
Neste sitio web vostede dispón dunha ferramenta que lle permite estimar o crecemento e a produción en volume e a biomasa, así como o carbono acumulado, en plantacións da primeira quenda de E. globulus de Galicia